Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

VIÑETA ESQUIMAL

Imagen
 VIÑETA CÓMICA Esta imaxe denuncia o desxeo acelerado dos polos debido ao quecemento global. O cambio climático está provocando que os casquetes polares se derritan a un ritmo alarmante, afectando non só aos ecosistemas, senón tamén ás comunidades que dependen do xeo para sobrevivir.
Imagen
 NUBE DE PALABRAS Na imaxe, observamos que as palabras máis destacadas son "reciclaxe", "contaminación", "sostible", "cambio climático" e "biodiversidade" . Isto reflicte a gran preocupación polo impacto ambiental e a necesidade de adoptar prácticas máis sostibles para reducir a pegada ecolóxica. Tamén aparecen termos moi relevantes como "ecosistema", "enerxías renovables", "reforestación" e "auga" , que nos lembran a importancia da conservación da natureza e do uso responsable dos recursos naturais. Entre as palabras menos frecuentes pero igualmente interesantes, chamáronnos a atención "compostaxe", "pegada de carbono" e "hábitat" . Estas palabras resaltan conceptos máis específicos pero cruciais na loita contra o cambio climático e a degradación ambiental.